¡Moi boas a todos!
Xa vexo que no verán non se notou actividade neste blogue asi que vou ter a cara de estrealo no novo curso.
Este é o meu primeiro ano fora do insti, ¡Por fin! E agora tocame a vida de estudiante en Santiago. Aprobin o exame de acceso ao ciclo superior de Fotografía Artistica no instituto de arte de deseño Mestre Mateo, e a verdade non esperaba entrar xa que eramos ¡ 52 persoas facendo o exame e so hai 9 prazas !!! Saquin un 7 e tiven a 8ª mellor nota. ¡¡O peor de todo é que todo o que estudiei no veran de Historia do arte non me entrou!! O exame foi algo dificil, e tamen habia parte de debuxo. No exame tiña bastante medo porque vin moita xente que debuxaba xenial. Na terceira parte do exame tiñamos que facer un colaxe dun cartel e eu fixeno con material da rua, é orixinal e barato ;)
Agora xa podo estudiar o que me gusta. Falando da fotografia, neste veran non fixen moitas fotos. Comprin unha camara nova (Agora mesmo non teño un duro) pero non lle din moito uso, mais que nada porque a miña mente estaba no exame de acceso en setembro.
Neste verán tiven a sorte de poder fotografiar o campion de España de culturismo Alfonso del Rio, e fai dous dias chamaronme para fotografiar o Marfan Rock II coa sorte de poder estar cos grupos Koma, Kerturler, Bocanada, Forraje e Desalojo no backstage e poderlles sacar boas fotos.
Espero, se teño tempo, de escribir algo neste blogue durante o meu curso que empeza este venres. E por favor, UTILIZADE O BLOGUE OU LLE DIREI A XANO QUE VOS OBRIGUE!!! :)
Un saudo!
Tags:
Compartilhar
Você precisa ser um membro de enredeiras para adicionar comentários!
Entrar nesta rede social