enredeiras

da lingua

dplingua

Fanny & Alexander volven poñer música aos novos poetas galegos

Os composteláns Fanny + Alexander están de volta co seu terceiro disco, Alfaias, de novo editado baixo licenza Creative Commons tanto en formato físico a traves de A Regueifa Discos coma en formato mp3 no netlabel A Regueifa Plataforma. Ao longo de once novos temas o duo percorre as distintas aristas do poliédrico Pop contemporáneo, indo dende o pop indietrónico de temas coma Setecentos e Espida de credo até o pop acústico e canónico de músicas coma Tardes de domingo e Na febre dos incendios, sen renunciar nunca á atitude experimentadora e permanente vontade de penetrar en estilos aínda inéditos na nosa lingua, coa firme vocación de levar o pop galego aos sons do século XXI.

Continuando coa liña dos seus dous primeiros traballos, as letras de todos os temas son adaptacións de textos de autores galegos da súa xeración (Mario Regueira, Emma Couceiro, Diego Ameixeiras, Lara Dopazo Ruibal, Xiana Arias, Igor Lugris, Pedro Lamas, Yolanda Castaño, Estibaliz Espinosa, Daniel Salgado e Alberte Momán), e contan ademais coa colaboración das voces de Carlos Valcárcel de Projecto Mourente en Artefacto Burbur, Martin Wu de The Homens en Toda esa enerxia escura, Alex Charlón de Ataque Escampe en Vigo ou Berlin e o hammond de Banin de Los Planetas en Tardes de domingo.

Descargar disco completo: arquivo zip 84 MB.

TOMADO da Axenda Cultural da AELG

Compartilhar 

Adicione um comentário

Você precisa ser um membro de enredeiras para adicionar comentários!

Entrar nesta rede social

Sobre

dplingua dplingua criou esta rede social no Ning.

Últimas atividades

amanda deixou um comentário para Rosa
novembro 23
novembro 23
novembro 23
Rosa deixou um comentário para amanda
novembro 20
Sr. Hermida é agora um membro de enredeiras
novembro 20
Kaori deixou um comentário para patricia
novembro 16
araceli rivas garcia actualizaron a foto do perfil
novembro 16
araceli rivas garcia actualizaron os seus perfís
novembro 16

Fórum

Xano

Que música escoitas? 11 respostas 

Iniciado por Xano. Última resposta de kachulis 10 Maio.

Xano

Como combates os prexuízos? 1 resposta 

Iniciado por Xano. Última resposta de erika 4 Maio.

Fotos

Carregando...

Badge

Carregando...

© 2009   Criado por dplingua no Ning.   Crie Sua Rede Social

Badges  |  Relatar um incidente  |  Privacidade  |  Termos de serviço

Entrar no bate-papo